| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.1.- Zona Fronteiriza galega |
3.1.3.- Emprego e Desemprego 3.1.3.1.- Galicia Segundo datos da Xunta de Galicia o paro rexistrado nas Oficinas de Emprego galegas no terceiro trimestre de 2001 situóuse en 123.180 desempregados. Esto supón unha diminución de 3.010 parados con respecto ó segundo trimestre do ano e de 2.939 parados en relación ó terceiro trimestre de 2000, o que supón unha diminución porcentual do 2,38% e do 2,33% respectivamente. Esta diminución do paro rexistrado supón a consolidación dunha tendencia a medio e longo prazo de significativa reducción do desemprego en Galicia. Esto pode comprobarse cos datos expresados en termos porcentuais. A taxa de desemprego rexistrado nas Oficinas de Emprego pasou do 10,95% da poboación activa no segundo trimestre de 2.001 ó 10,68% no terceiro trimestre do ano. Con respecto ó mesmo trimestre de 2.000 tamén se produciu unha reducción semellante, xa que nese período (terceiro trimestre de 2.000) este indicador era do 10,91% da poboación activa. As cifras comentadas anteriormente poñen de manifesto que os resultados obtidos son semellantes, tanto en termos relativos como absolutos, en termos interanuais e en termos trimestrais. Esto indica que o comportamento favorable do desemprego rexistrado non responda efectos estacionais, xa que se fose así deberían ser máis optimistas os resultados trimestrais que os interanuais. En consecuencia, pódese dicir que a tendencia do paro en Galicia segue sendo á baixa con independencia da existencia de trimestres nos que tradicionalmente a conxuntura económica ten repercusións positivas o negativas sobre o comportamento dos indicadores do mercado de traballo. Como dato puntual dicir que en xaneiro deste ano 2002 o paro rexistrado no INEM, a nivel nacional, subiu en 76.884, o dobre da media dos últimos 15 anos, e un 4,88% respecto ó mes anterior, o que situou o número total de desempregados en 1.651.728, o 9,68% da poboación activa. No caso galego, o número de parados rexistrados aumentou en 6.333 persoas en relación co mes anterior, co que a cifra de desempregados situouse en 144.687, un 12,65% da poboación activa, tres puntos por encima da media nacional (9,68%). Anque o paro subiu en todas as provincias da comunidade galega, as provincias de Lugo, principalmente, e Ourense, con un 6,89%, foron as que rexistraron un maior aumento, sendo en Pontevedra na que menos aumentou (un 2,48%). Pese ó forte incremento das cifras de paro, hai que dicir que se suscribiron en España 1.270.019 contratos, un 6,04% máis que no mesmo mes do ano anterior, o que representa a maior cifra rexistrada este mes na serie histórica e un aumento do 2,95% respecto ó mesmo mes o ano anterior. No caso de Galicia no mes de xaneiro de 2002 rexistráronse un total de 66.979 contratacións, un 56,14% máis que as rexistradas o mes anterior e un 3,42% máis que as rexistradas en xaneiro de 2001. Do total dos contratos rexistrados no mes de xaneiro de 2002, 4.907 foron indefinidos e 62.072 de carácter temporal. A continuación podemos ve-la evolución do número de contratos rexistrados en Galicia segundo o tipo de contrato, durante o período que vai desde o terceiro trimestre do ano 2000 ó terceiro trimestre do ano 2001. (ver páxina seguinte). |