3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

3.2.1.1. - Demografia

Integrado na rexión norte litoral do Continente, o Distrito de Braga ocupa unha superficie de 2695.3 Km2, e concentraba, segundo as estimativas realizadas polo INE para 1998, cerca de 790520 habitantes, que representaban 8.34% do total do Continente e 25.3% do total da subrexión Norte Litoral. Internamente, a contribución demográfica dos conxuntos dos concellos máis relevantes, Cávado e Ave, é bastante semellante, concentrando, respectivamente, 47.9% e 47.5% da poboación total do Distrito. Este forte desenvolvemento demográfico atópase, a súa vez, fundamentado no papel relevante dos centros urbanos de Braga e Barcelos, no primeiro caso, e de Guimarães e Vila Nova de Famalicão, no segundo, neste dominio, concentrando respectivamente, 19.4%, 15.1%, 20.9% e 15.3% da poboación residente total do Distrito.