| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO | ||||||||||||||||||||||||||||||
| 3.2.- Zona fronteiriza portuguesa | ||||||||||||||||||||||||||||||
3.2.1.- Distrito de Braga 3.2.1.1. Demografia 3.2.1.2. Actividades Económicas 3.2.1.3. Educación e Formación O distrito de Braga é o que, dos 4 distritos considerados para este estudio ten un maior índice de desenvolvemento en tódolos aspectos que se analizan. En termos territoriais, o Distrito de Braga engloba tódolos concellos pertencentes á NUT III Cávado (Amares, Barcelos, Braga, Esposende, Terras do Bouro e Vila Verde), os concellos da NUT III Ave, a excepción de Santo Tirso (Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão e Vizela), e aínda, os concellos de Cabeceiras de Basto e Celorico de Basto, pertencentes a NUT III do Táboa.
Táboa 3.8.- Concellos do distrito de Braga
O distrito de Braga caracterízase, por tanto, por algunha heteroxeneidade; consecuencia, non só da diversidade territorial administrativa existente, senón tamén, e particularmente, dalgunha diversidade pautada por unha certa dicotomía entre concellos de matriz máis urbana (concellos de Esposende, Braga, Barcelos, Vila Nova de Famalicão, Guimarães e Vizela) e concellos de matriz máis rural (Fafe, Terras de Bouro, Vieira do Minho, Cabeceiras de Basto e Celorico de Basto). |
||||||||||||||||||||||||||||||