3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

Neste capítulo farase unha breve caracterización dos distritos abranguidos pola rexión transfronteiriza Norte de Portugal e considerados así para efectos do estudio sobre as necesidades ocupacionais da rexión transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, sendo eles Braga, Viana do Castelo, Vila Real e Bragança.
Optouse por efectuar unha descrición de cada distrito separadamente, se ben non é seguida a mesma estructura en todos eles, debido ós seguintes motivos: 1) Non dispoñibilidade da mesma cantidade e calidade de datos nos diferentes distritos; 2) Heteroxeneidade dos diferentes distritos no que concerne ó seu contexto empresarial, laboral, social e económico, ata o punto de encontrarmos en moitos distritos concellos pertencentes a diferentes NUT III. O único distrito onde os concellos pertencen todos ó mesmo NUT III é Viana do Castelo. No distrito de Braga encontramos concellos pertencentes a 3 NUT III, no de Bragança a 2 e no de Vila Real a 3.