| 4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL |
| 4.2. - Proceso de incorporación de traballadores ás empresas |
4.2.2.- Vías de incorporación para Mandos Intermedios En canto ás vías de incorporación para os Mandos Intermedios e, segundo se observa na figura 4.5, ten certas similitudes coas vías de incorporación para os Directores Xerais e Funcionais, sen embargo, detéctase a importancia que adquiren outras vías de incorporación, tales como os anuncios de traballo en prensa e as referencias do persoal que xa traballa na empresa. Polo tanto, no caso dos Mandos Intermedios, as vías de incorporación son máis numerosas. Estas diferencias débense a que os perfiles buscados neste caso son diferentes (e máis variados) que no caso dos Directores Xerais e Funcionais. De novo, e tanto para Portugal como para Galicia, a vía máis utilizada é a dos contactos persoais. Un 31,75% das empresas portuguesas e un 25,97% das galegas recorren ó seu círculo de contactos para incorporar ós seus mandos intermedios. En Galicia as seguintes vías máis utilizadas son as consultoras ou empresas privadas de selección e a promoción interna (22,88% en ámbolos casos) e os anuncios de traballo en prensa (20,92%). En Portugal, ós contactos persoais séguenlle en importancia a recepción de currículo sen solicitalo (19,69%) e os anuncios de traballo en prensa (19,05%). Unha vía de incorporación utilizada a ámbolos lados da fronteira para mandos intermedios é a das referencias de persoal que xa traballa na empresa. Aproximadamente o 15% das empresas, tanto en Galicia como en Portugal, afirman recorrer a este procedemento. |