| 4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL |
| 4.2. - Proceso de incorporación de traballadores ás empresas |
As vías de incorporación para persoal técnico ou de producción máis utilizadas, tanto para Galicia como para Portugal volven a sé-los contactos persoais, seguido moi de cerca polas referencias de persoal que xa traballaba na empresa. A continuación aparece, por orde de importancia a recepción de curricula sen habelos solicitado. A seguinte vía máis utilizada, para ámbolos lados da fronteira, é a dun servicio público de emprego. Cabe destacar que é para os postos de producción ou técnicos cando aparece por primeira vez este procedemento de incorporación como utilizado por un importante número de empresas (utilízano aproximadamente a terceira parte das empresas, tanto galegas como portuguesas). Outra vía de incorporación que non destacara para outros postos e que agora se presenta como bastante utilizado polas empresas son as institucións ou centros de formación. Cerca da metade das empresas galegas e dun tercio das portuguesas recorren a este procedemento. Segue destacando como vía de incorporación os anuncios en prensa, anque hai que sinalar que perden posicións as consultoras ou empresas privadas de selección, que soamente utilizan un 8,37% das empresas galegas e un 4% das portuguesas. En xeral, podemos concluír que a maioría das empresas do sur de Galicia e do Norte de Portugal, seguen un esquema común á hora de incorporar persoal ós seus cadros de persoal. O primeiro paso que sóese acometer é o de preguntar ás persoas máis achegadas se coñecen ou saben dalguén que poida ocupar un posto de traballo específico (contactos persoais de amigos, familiares, parentes e traballadores da propia empresa). Unha vez acometido este paso e, no caso de non atopar candidatos para cubri-lo posto, recórrese ás outras vías posibles de incorporación (normalmente acontece cando se buscan perfiles profesionais máis difíciles de atopar debido a que existen menos no mercado). Evidentemente, chega un momento en que as empresas son coñecedoras das vías de incorporación máis axeitadas para a procura de determinados perfiles, polo que se eliminaría o primeiro paso e irían directamente ás vías de incorporación máis axeitadas en cada caso. |