| 4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL |
| 4.2. - Proceso de incorporación de traballadores ás empresas |
4.3.- Mobilidade de traballadores entrámbolos lados da fronteira Como o principal obxectivo deste estudio era analiza-las necesidades ocupacionais das empresas no espacio transfronteirizo Galicia Norte de Portugal, parecía necesario preguntar ás empresas acerca dos posibles freos á contratación de traballadores doutro lado da fronteira. Para isto planteóuselles ás empresas unha serie de cuestións e se lles pediu que valorasen de 1 a 5 en qué medida estas eran un freo para a contratación de traballadores transfronteirizos. Así, unha valoración de 1 significa que esta cuestión non é un freo para a contratación e unha valoración de 5 significa que dita cuestión é un freo moi importante. Na figura 4.9 (ver páxina seguinte) represéntanse as valoracións medias obtidas para cada unha das cuestións en Galicia e o Norte de Portugal. |