| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.1.- Análise do sector da Construcción en Galicia |
5.1.1.- O sector da Construcción 5.1.1.1.- Actividades desenvolvidas polas empresas do sector da Construcción O sector da Construcción foi tradicionalmente un indicador de cómo vai economía, o que fai que sempre se manteña unha atención especial á actividade desenvolvida neste sector e as repercusións que poida ter. O sector ten unha importancia relevante en Galicia por ocupar unha alta porcentaxe de man de obra. Esto é debido, sobre todo, a que na súa cadea de valor aglutínanse moitas actividades claves, que a súa vez pódense descompoñer en outras actividades ou subactividades dentro do mesmo epígrafe do sector constructivo. Cabe tamén destaca-la relación, directa ou indirecta, que ten o sector con outros sectores como poden se-lo madeireiro, metalmecánica (carpintería de aluminio), explotación do granito, etc. Estes aspectos confírenlle un papel crucial como dinamizador da economía dentro da comunidade. O sector da construcción é o que emprega máis man de obra, directa e indirecta, e presenta un crecemento sostido a pesar de depender de moitos factores externos como poden ser, por exemplo, o valor do diñeiro, os plans de expansión, os polígonos industriais, os plans urbanísticos, etc. O ámbito de negocio en Galicia engloba practicamente tódalas actividades da cadea de valor do sector construcción. Desde a extractiva, producción e servicios, ata a inmobiliaria e promoción. Ademais, cabe destacar que, dentro do sector, existen moitas empresas que dispoñen de máis dunha actividade da cadea. É dicir, que se aproveitan as sinerxias e as integracións dunha forma bastante importante. A dimensión das empresas da construcción galegas pódese considerar media, con algunhas excepcións, o que lle confire por unha banda unha maior posibilidade de adaptarse ós cambios do entorno e, por outra, unha dificultade de sostemento no mercado cando a situación económico social non é a máis favorable. As actividades máis importantes que se engloban dentro do sector da construcción son a extracción, construccións de vías e canais, as empresas auxiliares de carpintería, fabricantes de mobles, portas e solos, fontanería, electricidade, estructuras, etc. Dentro do conxunto de actividades da cadea de valor do sector da construcción, require un tratamento especial o sector do granito, que á vez que se podería considerar unha actividade deste sector, ten dimensión suficiente para ser tratado de maneira independente. Do mesmo xeito ocorre co sector da madeira. |