5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.1.- Análise do sector da Construcción en Galicia

Táboa 5.2.- Postos xerais / transversais analizados no Sector da Construcción nas empresas galegas.
POSTOS XERAIS
DEFINICIÓN
EXISTE
Dirección Xeral A súa ocupación fundamental é a de fixa-las metas, establecer criterios de actuación e guiar á empresa para consegui-los mellores resultados desde o punto de vista económico e social
100,00%
Dirección Funcional O seu cometido é a coordinación e supervisión dos procesos básicos da empresa, tendo responsabilidade sobre tódolos recursos da organización.
78,57%
Comerciais O seu cometido consiste en detecta-las oportunidades de execución de obras e promove-las capacidades da empresa a fin de incrementa-lo negocio.
46,43%
Administrativos Actividade encargada de facilita-lo traballo ó resto da organización. Cabe destaca-la atención ós clientes, a organización dos documentos, etc.
96,43%


Táboa 5.2.- Postos xerais / transversais analizados no Sector da Construcción nas empresas galegas
____________________________________________________________________________________________
Os nomes e as descricións dos postos obtivéronse das aportacións das empresas enquisadas así como dos expertos sectoriais consultados ó respecto. Ditas descricións incluíronse principalmente coa finalidade de clarificar e aportar unha información de base sobre o cometido principal do posto en cuestión. Polo tanto non se pretendeu detallar en profundidade as funcións e competencias requiridas por cada un dos postos analizados.