Tabela 5.3.- Postos específicos analisados no sector da Construção nas empresas galegas.
|
POSTOS ESPECÍFICOS
|
DEFINICIÓN
|
EXISTE
|
| Peón |
É o posto básico no sector. Encárgase de axudar e poñer a disposición dos oficiais de obra os materiais e recursos. |
67,86%
|
| Encargado de Obra |
O seu obxectivo é controla-la correcta execución da obra en base ás instruccións recibidas do Xefe de Obra. Ademais é o responsable dos recursos, tanto humanos como materiais, utilizados na obra. |
50,00%
|
| Albanel |
Encargado de executar tódolos traballos relacionados coa propia construcción nos que se empregan ladrillos, pedra, cal, xeso, cemento e outros materiais semellantes. |
42,86%
|
| Transportista |
É a persoa encargada de traslada-los materiais e persoas ós distintos puntos en que se estean desenvolvendo as obras. Nalgunhas empresas tamén se lles denomina chofer. |
42,86%
|
| Responsable de maquinaria |
A súa actividade principal consiste en dar servicio ás obras, supervisando e xestionando os servicios de mantemento de maquinaria, a fin de que esta estea a punto para a súa utilización nas obras. |
32,14%
|
| Almacenista |
É o responsable da garda, custodia e servicio dos materiais que están en existencias na obra ou planta para a súa posterior utilización. |
32,14%
|
| Director de obra |
Tamén chamado Director Técnico. É o responsable da xestión e dirección de toda a obra, tanto desde o punto de vista da execución como da rendibilidade da mesma. |
28,57%
|
| Xefe de Obra |
O seu obxectivo é dirixi-la execución das obras contratadas pola empresa. |
25,93%
|
| Padexeiro |
É o responsable de manexar a pa. Esta actividade realízase nos movementos de terras, apertura de gabias, etc. |
25,00%
|
| Aparellador |
A función do aparellador é a de face-lo seguimento de que a obra estéase realizando segundo as especificacións técnicas definidas polo arquitecto. |
21,43%
|
| Encofrador |
A actividade que leva a cabo consiste en elaborar un soporte, de madeira ou metálico, que posteriormente será reenchido de formigón, a fin de construí-la estructura da obra. |
21,43%
|
| Gruista |
É a persoa responsable de manexa-la grúa ou grúas. O seu cometido é, basicamente, o de eleva-los materiais e outros recursos ás alturas necesarias. |
21,43%
|
Táboa 5.3.- Postos específicos analizados no Sector da Construcción nas empresas galegas.
A pesar de que existe unha gran diferencia entre as empresas que conforman a cadea de valor do sector, tanto no que se refire a dimensión como a necesidades ocupacionais, atopámonos con que se podería asegurar que tódalas empresas teñen unha gran definición de seus postos de traballo no que se refire a funcións a desenvolver, tal como se reflicte na figura 5.1.
|