5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.1.- Análise do sector da Construcción en Galicia

Anque os valores referidos á formación non son moi baixos, cremos que as empresas aínda non identificaron este factor como importante para o desenvolvemento da súa actividade debido, sobre todo, a que a maioría dos recursos incorpóranse desde ETTs e non manteñen unha estructura organizativa consolidada como outros tipos de actividades. É posible que teña que pasar un certo tempo para que se chegue a considera-la formación como un factor relevante no sector.