5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.1.- Análise do sector da Construcción en Galicia

5.1.3.- Aspectos máis destacables da demanda segundo a valoración das empresas analizadas

Consultouse ás empresas sobre a súa expectativa de contratación nos diferentes postos, co obxecto de obter un indicador orientativo sobre a demanda a curto / medio prazo.

Nas táboas 5.4 e 5.5 recóllense as valoracións das empresas correspondentes á rotación dos postos e á previsión de contratación nos próximos 3 anos. Loxicamente, detrás de cada unha das respostas obtidas atópase a propia conxuntura e expectativas de cada empresa. Os valores que se presentan corresponden á media do conxunto das empresas. Observamos como, no que refire ós postos xerais, os comerciais e administrativos son os postos nos que hai máis posibilidades de que se incorporen traballadores doutro lado da fronteira. Dentro destes a posibilidade é maior no caso dos postos de comerciais, o que se explica porque a previsión é de que creza a necesidade de comerciais.

- Táboa 5.4.- Aspectos máis destacables da demanda de postos xerais das empresas galegas consultadas do Sector da Construcción
- Táboa 5.5.- Aspectos máis destacables da demanda de postos específicos das empresas galegas consultadas do Sector da Construcción