5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia
Tabela 5.9.- Postos gerais/transversais analisados no sector das Madeiras nas empresas galegas.
POSTOS XERAIS
DEFINICIÓN
EXISTE
Dirección Xeral É a persoa que asume toda a responsabilidade da organización. Normalmente se lle denomina tamén Xerente. Basicamente fixa as grandes liñas de actuación da empresa e sole ocuparse doutras actividades claves, nuns casos as compras e noutros a parte comercial
100,00%
Dirección Funcional Son os responsables de transmiti-los obxectivos xerais da empresa, determinados pola dirección xeral, a cada unha das áreas funcionais e de conseguilos co equipo de persoas que teñan baixo a súa responsabilidade. Non é fundamental un coñecemento explícito do producto, salvo no caso da Dirección Técnica.
34,78%
Comerciais Son a voz da empresa no cliente e á inversa, a voz do cliente na empresa. O seu cometido fundamental é conseguir a comercialización do producto. Neste sector é conveniente que se teña un coñecemento do producto, desde o punto da materia prima, e da súa aplicación
56,52%
Administrativos A súa actividade é a de facilita-lo soporte administrativo necesario para toda a organización. Entre outros a facturación, arquivo, contabilidade, aspectos contractuais, etc.
91,30%

Tabela 5.9.- Postos gerais/transversais analisados no sector das Madeiras nas empresas galegas.

_____________________________________________________________________________________
(7) Os nomes e as descricións dos postos obtivéronse das aportacións das empresas enquisadas así como dos expertos sectoriais consultados ó respecto. Ditas descricións incluíronse principalmente coa finalidade de clarificar e aportar unha información de base sobre o cometido principal do posto en cuestión. Polo tanto, non se pretendeu detallar en profundidadas funcións e competencias requeridas por cada un dos postos analizados.