5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia

Táboa 5.10.- Postos específicos analizados no Sector da Madeira nas empresas galegas.

POSTOS ESPECÍFICOS
DEFINICIÓN
EXISTE
Operario de máquinas É a persoa que se encarga da atención, preparación e manipulación das máquinas utilizadas para o procesado da madeira.
60,87%
Operario / montador Como operario pódese entender aquela persoa que axuda ó montador ou operador de máquina para que faga o seu traballo. O montador é o que se dedica a monta-las distintas partes que compoñen o producto final que se vai entregar ó cliente. Tamén se define deste modo á actividade de colocar en obra (sobre todo construcción) os productos elaborados nas fábricas como poden ser portas, ventás, solos, etc.
56,52%
Mando intermedio É o responsable de dirixir e coordinar ás persoas que están baixo o seu mando. Tamén é responsable de consegui-la mellor utilización dos medios materiais e técnicos que se lle encomendan para o desenvolvemento da súa actividade. Sole reportar a un xefe superior.
43,48%
Operario de transporte e manipulación Esta actividade consiste en clasificar, preparar e facer chegar os materiais ós postos de traballo en función do fluxo do proceso e das ordes de fabricación. 43,48%
Carpinteiro / ebanista É o oficio por excelencia do sector. A ebanistería está máis relacionada coa talla e os acabados, mentres que o carpinteiro é o que traballa a madeira de forma básica para a súa utilización directa.
34,78%
Técnico de producción É o responsable de ter a punto os medios tecnolóxicos en relación ó proceso de fabricación. Esta ocupación pódese definir como o responsable de fabricación ou responsable do proceso de fabricación.
30,43%
Técnico de mantemento A súa actividade consiste en mante-los medios técnicos en perfecto estado de traballo para garanti-la productividade dos mesmos.
26,09%
Pintor / vernizador É unha actividade que consiste en cubri-las superficies de madeira con algún elemento líquido. Pode ser tratado manualmente ou de forma automática. É necesario coñece-las características das superficies a cubrir e os comportamentos dos materiais.
21,74%
Deseñador/Proxectista Actividade que consiste en desenvolver e defini-lo producto final que se vai comercializar.
17,39%
Planificación de producción Actividade que consiste en coordinar a utilización dos recursos dispoñibles para a fabricación de tal modo que se consigan servi-los pedidos no momento axeitado, na cantidade e destino correctos. Do seu labor dependen en gran medida os resultados da empresa en relación a prazos de entrega e custos.
17,39%
Almacenista É o responsable de ordenar, recibir, expedir e garda-los materiais que se utilizan na fabricación ou que se obtén da mesma para a súa posterior entrega ós clientes. Tamén é o responsable doutros materiais utilizados para o desenvolvemento da actividade.
13,64%
Técnico deseño / proxecto É a actividade encargada de delinear, se é necesario, e defini-la mellor maneira de levar a cabo a execución do producto ou servicio que o deseñador definira. Dependendo da dimensión da empresa pode realizar a ocupación de deseñador.
13,04%
Técnico de calidade É o responsable de face-las inspeccións necesarias para garantir que o producto entregado ó cliente fabricouse de acordo coas especificacións definidas no deseño. Tamén é o responsable de manter ó día documentación do sistema de xestión de calidade da empresa.
13,04%
Desenvolvemento informático É unha actividade dedicada a desenvolve-los procesos de información necesarios no desenvolvemento da actividade.
13,04%
Técnico de corte / aproveitamento Esta actividade consiste en buscar a mellor forma de corta-la madeira, de tal modo que se consiga o máximo rendemento da mesma. O técnico de corte debe de ser unha persoa coñecedora das máquinas de corte así como das características da materia prima que utiliza.
8,70%
Clasificador Ocupación dedicada a clasifica-los materiais, tanto sen transformar como transformados, para a súa utilización no proceso.
8,70%
Dependente É a persoa que atende ó público externo ou interno que require algún material comercializable.
8,70%
Encargado de compras É a actividade responsable de que o proceso productivo teña a súa disposición en cantidade e prazo os materiais necesarios para utilizar no proceso productivo o comercial.
8,70%
Técnico forestal É a persoa que mellor coñece as características da madeira. Sobre todo nos aspectos relacionados cos usos que se lle poden dar e o comportamento futuro que se poida esperar.
4,35%
Decorador É unha actividade que se dedica a mellora-lo aspecto e utilización dos productos fabricados.
4,35%

Táboa 5.10.- Postos específicos analizados no Sector da Madeira nas empresas galegas.