| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia |
As observacións sobre as táboas anteriores céntranse nos seguintes aspectos: - Cantidade ofertada: Pódese observar un déficit relacionado con todos aqueles postos que, dalgún modo, van supoñer ou xa supoñen unha mellora cualitativa no sector. No caso dos mandos intermedios, a escaseza da oferta pode ser debido á falta de estructuras organizativas e á forma en que están crecendo as empresas. A maioría delas veñen de xeracións anteriores e de carpinterías pequenas que, ó non ser capaces de formar persoal (por non ter unha cultura de formación) para ocupa-los postos intermedios da organización, atópanse neste momento con falta de ditos perfiles. Os problemas de falta de cantidade de persoal cualificado para ocupa-los postos de operarios de máquinas, técnicos de mantemento e pintores / vernizadores, débense a outros motivos. Esta falta de número de recursos para facerse cargo de ditas ocupacións é debido á incorporación de novas tecnoloxías máis sofisticadas. Ó non haber no sector durante a súa evolución estas necesidades e tampouco centros de formación para formar profesionais é natural que se obtiveran eses resultados. - Calidade da demanda. Se observamos os resultados, vemos que son coherentes co que se vén expoñendo ó longo do estudio sobre este sector e aínda máis se nos centramos nas explicacións ó punto anterior sobre a cantidade de recursos dispoñibles. Se non dispoñemos de recursos suficientes para operar e traballar coas novas tecnoloxías, e estas son de recente incorporación ó sector, a formación específica tamén é deficitaria. Isto é debido ó descoñecemento da tecnoloxía e á falta de medios para prepararse. |