5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia

5.2.5.- Incorporación dos traballadores ás empresas

Neste apartado analízanse as vías utilizadas para a contratación de traballadores nas empresas do sector da Madeira.

Como se observa na figura 5.13 (ver páxina seguinte), o 67,7% das empresas incorporan ós postos de Dirección Xeral e Funcional a persoas da familia ou ós propios socios da empresa. As seguintes vías de incorporación utilizadas en orde de importancia son as consultoras e empresas privadas de selección e os anuncios de traballo en prensa, utilizadas ambas por cerca do 10% das empresas consultadas.