|
|
POSTOS XERAIS
|
DEFINICIÓN (4)
|
EXISTE
|
| Dirección Xeral |
Asume a responsabilidade de establece-los obxectivos xerais da empresa, transmitilos a seu equipo de traballo, face-lo seguimento de seu cumprimento e responder da boa marcha do negocio. Sóleselle chamar Xerente. |
96,15%
|
| Dirección Funcional |
Teñen como ocupación básica alcanza-los obxectivos fixados pola dirección dentro dun clima laboral axeitado. Non se requiren coñecementos específicos do sector para ocupar estes postos, se acaso na parte Técnica ou Calidade. |
73,08%
|
| Comerciais |
Son os responsables de conseguir clientes para a empresa. Neste sector, exceptuando as empresas do sector automobilístico, esta función sólea desempeñar a dirección xeral ou o xerente. Non é imprescindible ter un coñecemento do producto. |
80,77%
|
| Administrativos |
Son os responsables de facilita-la tarefa ó resto da organización no que se refire a: arquivo de documentación, facturación, contabilidade, etc |
84,62%
|
Táboa 5.16.- Postos xerais /transversais analizados no Sector Metal-Mecánico nas empresas galegas.
___________________________________________________________________________
(4) Os nomes e as descricións dos postos obtivéronse das aportacións das empresas enquisadas así como dos expertos sectoriais consultados ó respecto. Ditas descricións incluíronse principalmente coa finalidade de clarificar e aportar unha información de base sobre o cometido principal do posto en cuestión. Polo tanto non se pretendeu detallar en profundidade as funcións e competencias requiridas por cada un dos postos analizados.
|