|
POSTOS ESPECÍFICOS
|
DEFINICIÓN
|
EXISTE
|
| Responsable de compras |
É a persoa responsable de buscar, avaliar e defini-las mellores fontes de abastecemento de materiais para a organización, tanto de materias primas como doutros recursos que a empresa necesite adquirir. |
61,54%
|
| Operario |
É o responsable de executa-las operacións nas máquinas ou manualmente así como de utiliza-los materiais en cada fase do proceso. |
57,69%
|
| Almacenista |
Actividade responsable da conservación, manipulación e entrega das materias primas e productos. |
46,15%
|
| Técnico de calidade |
Actividade cun obxectivo: defini-las tolerancias e as condicións de calidade do proceso, de tal xeito que se asegure que o resultado final do producto é o que corresponde coas especificacións técnicas e coas expectativas do cliente. |
42,31%
|
| Xefe de grupo |
É a persoa responsable da coordinación de persoas e materiais co fin de acada-los obxectivos establecidos. |
38,46%
|
| Mecánico |
Persoa de mantemento especializada na rama mecánica. |
38,46%
|
| Delineante |
É a persoa que debuxa os productos ou os elementos dos productos que se van realizar. É dicir, que plasma no papel por medio do debuxo lineal (ou en ordenador) as cotas e especificacións técnicas dun producto. |
34,62%
|
| Técnico de desenvolvemento de producto |
É a persoa que prepara os deseños realizados para poder fabricalos, para o que delinea e define as especificacións técnicas e os materiais máis axeitados .
|
30,77%
|
| Chapista e caldeireiro |
É a persoa que coñece a tecnoloxía e ten o oficio para traballar con materiais de chapa. Pode ser dobrado, pregado, prensado, soldadura, conformado, etc. A caldeirería poderíase considerar unha actividade igual á de chapista pero cunha maior incidencia da soldadura no seu oficio e, ademais, dedícanse a grandes construccións. O factor común na actividade é a soldadura. |
30,77%
|
| Técnico de seguridade |
O obxectivo é definir e implanta-los medios e procedementos necesarios para asegura-la mellor seguridade das persoas da organización á hora de desenvolve-las súas actividades. Ademais é o responsable de manter ó día a documentación do sistema de seguridade da empresa. |
30,77%
|
| Técnico de mantemento |
Persoa que se dedica a manter no mellor estado de uso a tecnoloxía e instalacións. Ademais, leva a cabo as reparacións puntuais que xurden durante a actividade da empresa.. |
26,92%
|
| Soldador |
Especialidade que consiste en unir dúas o máis partes incorporando un terceiro material que pode ser un electrodo, arame de aceiro, etc. conseguindo unha fusión entre tódalas partes. Para isto utilízase tecnoloxía especializada para ese fin, con electricidade, gas e outros. |
26,92%
|
| Atención ó cliente |
Esta ocupación consiste en facer de contacto directo entre o cliente e a empresa para todo aquelo relacionado co producto ou servicio que presta a empresa, de tal modo, que se lle dea resposta rápida e axeitada. O servicio de atención ó cliente tamén pode dar resposta de maneira directa ós requirimentos dos clientes. |
26,92%
|
| nformático |
I É a persoa encargada de dar soporte ós técnicos do sistema de información. |
26,92%
|
| Electromecánico |
Actividade de mantemento industrial: o seu obxectivo é o de levar a cabo a conservación dos medios tecnolóxicos nos aspectos eléctricos e mecánicos. |
23,08%
|
| Oficina Técnica |
Departamento no que se levan a cabo actividades relacionadas co deseño, desenvolvemento de productos, procesos, delineación, orzamento, etc. |
23,08%
|
| Recepcionista |
Actividade destinada principalmente a rexistrar e identificar ás persoas que visitan a empresa. |
23,08%
|
| Transportista |
O obxectivo desta actividade é transportar e face-la entrega dos productos ós clientes ou tamén a recollida de materiais e medios para incorporar ós procesos. |
23,08%
|
| Pintor |
Persoa que a súa actividade principal é a de prepara-las mesturas de pinturas e cubrir as superficies coas mesmas. |
23,08%
|
| Deseñador |
É a actividade dedicada a consegui-la mellor concepción dos productos para que teñan a capacidade de uso para o que se realizan e ademais respondan ás expectativas dos clientes. |
19,23%
|
| Técnico de Orzamento |
É o responsable de elabora-los orzamentos da actividade. Poden ser globais da empresa ou parciais de productos ou procesos. |
19,23%
|
| Técnico de desenvolvemento de proceso de SAP |
Actividade destinada a manter e desenvolve-lo sistema de información da empresa baseado na tecnoloxía SAP. |
15,38%
|
| Técnico de laboratorio |
Actividade dedicada a realiza-los ensaios necesarios para asegurar que as características básicas das materias primas e os productos terminados cumpran as especificacións propias ou esperadas para a súa función. |
15,38%
|
| Técnico de medición |
Actividade cun fin que consiste en realiza-las medicións pertinentes para obter datos que se van comparar coas especificacións previamente definidas. Tamén realiza o deseño e o desenvolvemento do producto. |
11,54%
|
| Montador carpinteiro aluminio |
Persoa cunha actividade que é a de medir, prepara-lo material e colocar e axusta-lo aluminio en obra. |
11,54%
|
| Técnico de planificación |
Actividade destinada a coordinar tódolos recursos da empresa co fin de presta-lo mellor servicio ó cliente. Normalmente, o técnico de planificación é o que define a orde de fabricación dos pedidos para acada-los mellores resultados en relación a prazos, utilización de recursos e calidade de entrega. |
11,54%
|
| Programador de máquinas de CN |
Semellante á programación dos robots, pero dunha maneira máis simple e para máquinas convencionais ás que se lles acoplou un sistema informático. |
11,54%
|
| Técnico soporte usuarios SS. II. |
Actividade cun obxectivo fundamental: dar servicio ós usuarios do sistema de información. É o mantemento interno do software e hardware. |
11,54%
|
| Programador de robots |
O obxectivo da actividade é o de programa-los robots en función da planificación que se lles entrega para que executen automaticamente as funcións para as que foron deseñados. |
7,69%
|
| Electricista |
Actividade relacionada co mantemento eléctrico das instalacións e medios tecnolóxicos. |
3,85%
|
| Xefe de Proxectos |
Actividade destinada á preparación e coordinación dos recursos necesarios para acada-lo obxectivo do proxecto en relación a prazo, resultado e custo. |
3,85%
|
Táboa 5.17.- Postos específicos analizados no Sector Metal-Mecánico nas empresas galegas.