| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.3.- Análise do sector Metal-Mecánico en Galicia |
| Tal como se comentou anteriormente atopámonos nun sector moi maduro en relación á definición das súas estructuras organizativas e da profesionalización dos seus postos de traballo. A pesar disto, non atopamos diferencias importantes no que se refire á definición dos postos de traballo con respecto a outros sectores tal como se reflicte na figura 5.19.
Obsérvase que a maior parte das empresas (84,62%) afirman ter definidos tódolos postos de traballo da empresa. |