5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.3.- Análise do sector Metal-Mecánico en Galicia

Á vista da táboa 5.18, pódese comentar que a rotación para os postos xerais é moi baixa. En concreto, segundo as empresas consultadas, os postos de Dirección Xeral e Administrativos non rotan, mentres que os de Dirección Funcional e os Comerciais rotan moi pouco.

No que se refire ó número de persoas que ocupan cada un destes postos, as empresas do sector enquisadas esperan que nos próximos tres anos mantéñase o número de Directores Xerais e Funcionais e esperan que creza algo o de Comerciais e Administrativos.

En canto á posibilidade de incorporación de persoal transfronteirizo, as valoracións indican unha posibilidade media ou alta, para tódolos postos xerais.
___________________________________________________________________________
(6) Para a interpretación axeitada deste perfil cabe matizar que a información nel reflectida fai mención ás opinións que as empresas enquisadas trasladan sobre a situación particular de cada posto na súa propia empresa.
De igual xeito e debido a que para determinados postos o número de empresas enquisadas que contaban con eles foi reducido, tal e como evidencia a táboa relativa a postos e a súa presencia nas empresa, intentouse completa-la ausencia dun número representativo de empresas con eses postos, coas aportacións de expertos con coñecementos do sector.