| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.3.- Análise do sector Metal-Mecánico en Galicia |
| Acerca da táboa 5.19 (ver páxina anterior) pódense face-los seguintes comentarios: - En canto á rotación obsérvase un nivel de permanencia nos postos de traballo bastante estable. Esta circunstancia de que non haxa grandes mobilidades no sector débese a que as empresas intentan que os seus cadros de persoal consolídense para aproveita-lo maior rendemento da formación e coñecemento do sector. - No que se refire á previsión para os próximos tres anos, o crecemento esperado nos postos de montador de carpintería de aluminio, técnico de mantemento, atención ó cliente e pintores é coherente coa realidade do sector pode vir explicado por diferentes razóns. Xa se comentou no sector da construcción a necesidade da figura de montador de carpintería de aluminio e isto vese reforzado pola maior incorporación do aluminio como substitutivo do aceiro en moitas das aplicacións industriais. Con respecto ós técnicos de mantemento, o incremento débese á incorporación de tecnoloxías máis sofisticadas e á posta en marcha de sistema de xestión orientados á reducción das pequenas paradas de máquinas, obxectivos de cero avarías e posta en marcha de sistemas de mantemento preventivo e predictivo. A previsión positiva sobre a ocupación de atención ó cliente está provocada por dous factores: as filosofías de xestión nas que se fomenta a visión do cliente externo en tódolos ámbitos da organización e por outra parte os requisitos esixidos pola Norma ISO 9001:2000. A primeira vista parece que a reducción da previsión na ocupación electricista sorprende, pero se observamos a realidade do sector confírmase este resultado. A incorporación de novas tecnoloxías e a tipoloxía das mesmas fai que os profesionais que se requiren adquiran outros perfiles como por exemplo os electromecánicos, electrónicos o programadores. Ó introducir as novas tecnoloxías elimínase o concepto reparación, pasando de corrixir a substituí-los elementos danados. - Por último e no que se refire á posibilidade de incorporar persoal transfronteirizo, vemos que existe unha alta posibilidade de incorporación de traballadores doutro lado da fronteira ó sector. |