| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.3.- Análise do sector Metal-Mecánico en Galicia |
| As observacións sobre a táboa 5.21 (páxina anterior) céntranse nos seguintes aspectos: - Cantidade ofertada. Existe un déficit razoable con respecto ós postos de técnicos de medición, programadores de robots, programadores de control numérico e xefes de proxectos porque en tódolos casos son actividades relativamente modernas na súa incorporación ás empresas. Con respecto ós xefes de proxectos é unha actividade que aínda está en fase de incorporación ás empresas e que vén dada polo interese das mesmas en establecer organizacións paralelas orientadas á xeración de valor para os clientes. As ocupacións de soldadores, chapistas e caldeireiros son ocupacións que están relacionadas co crecemento dos sectores e coa incorporación de novas formas de facer e de aplica-los materiais neste sector e noutros. Polo tanto, é posible que haxa escaseza de oferta. Outro factor que pode estar influíndo dunha maneira significativa é que, coas certificacións de calidade e seguridade, a necesidade de profesións homologadas é cada día maior. Isto indica que non é tanto unha falta de oferta en número senón que os que existen non cumpren os requisitos necesarios para desempeña-la ocupación. É lóxico, por outra parte, que haxa oferta suficiente de técnicos de mantemento nestes momentos, posto que é un servicio que se ofrece como tal. - Adecuación dos perfiles existentes no mercado laboral. A gráfica reafirma os comentarios realizados para o caso anterior. Pódese observar unha coincidencia en que os postos sen oferta son os que, ademais, non posúen a calidade axeitada. Evidentemente, se estamos referíndonos a eles como postos de recente creación, sería estraño que nos atopemos con demanda sobrante e calidade axeitada da mesma. |