| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.3.- Análise do sector Metal-Mecánico en Galicia |
5.3.5.- Incorporación dos traballadores ás empresas Neste apartado analízan as vías utilizadas para a contratación de traballadores nas empresas do sector Metal-mecánico consultadas. No que se refire ós postos xerais da figura 5.22 (ver páxina seguinte) cabe destaca-lo feito de que existe unha parte importante de empresas familiares nas que a dirección xeral ocúpase por descendencia directa da familia. Por outra parte, na industria do automóbil o medio máis utilizado é o de acudir ás empresas de selección e contactos persoais. Para a incorporación dos mandos intermedios, na figura 5.23 obsérvase que se seguen utilizando os mesmos medios: as empresas especializadas en selección de persoal, os contactos persoais e, en menor medida, os anuncios de traballo en prensa. Como vimos comentando ó longo de todo o informe o sector Metal-mecánico trátase dun sector maduro, polo que é lóxico que estas incorporacións lévense a cabo dunha maneira bastante profesionalizada. Como indica a figura 5.24, a incorporación de persoal comercial realízase utilizando en maior medida o recurso das referencias persoais. As principais razóns disto poden ser que é máis fácil identifica-lo perfil e comentalo entre as mesmas persoas que se moven dentro do sector, e que se prefire non facer incorporacións doutros sectores que poidan cambia-la filosofía de traballo do sector. Para o persoal administrativo, na figura 5.25 obsérvase que se seguen utilizando os mesmos medios que para o resto. O que ocorre aquí é que se incorpora unha nova forma de captación que é que as persoas que realizaron prácticas na empresa queden no posto. Este medio garante a adecuación persoa posto e o coñecemento do candidato dunha maneira máis eficaz. Tamén se utiliza o medio de recibir os CV nas empresas sen habelos solicitado. As vías de incorporación para o persoal técnico e de producción son, basicamente, os mesmos que para o persoal administrativo, como se observa na figura 5.26. |