5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.4.- Análise do sector Téxtil en Galicia
Antes de analiza-las necesidades ocupacionais das empresas do sector téxtil, parece conveniente analiza-lo nivel de definición dos postos de traballo por parte das empresas do sector. Na figura 5.28 preséntanse os resultados obtidos das empresas enquisadas.

Como se pode observar na gráficá a gran maioría das empresas enquisadas, un 87,5%, afirma ter tódolos seus postos de traballo definidos. Sen embargo, debemos observar que a porcentaxe de empresas que teñen os postos documentados diminúe notablemente. Na figura 5.29 reflíctese que a metade das empresas do sector téxtil enquisadas non teñen os seus postos formalizados.