|
POSTOS ESPECÍFICOS
|
DEFINICIÓN
|
EXISTE
|
| Patronista |
É a actividade destinada a realiza-los patróns ou cadros de persoal das distintas tallas e modelos polos que se corta o tecido. A súa actividade é posterior ou simultánea á de deseño. Necesítase coñecer ó detalle o comportamento dos materiais e a tecnoloxía coa que van ser procesados. |
66,67%
|
| Deseñadora |
O obxectivo desta actividade é defini-los productos finais e os materiais que se van utilizar. Normalmente definen tecidos, cores e formas. Necesitan un alto coñecemento das tendencias do mercado, ademais de coñecementos técnicos de costura.
|
58,33%
|
| Responsable de compras materias primas |
Actividade destinada a identificar e avaliar ós provedores que mellor satisfagan as necesidades de materias primas da empresa. Así mesmo, é o que negocia con eles os prezos, calidades e cantidades a servir. Debe coñecer as características dos materiais, os prezos vixentes no mercado e ter unha elevada capacidade de negociación. |
58,33%
|
| Responsable de fabricación |
É o responsable da coordinación das persoas e os medios para conseguir executa-la planificación ó menor custo e coa calidade axeitada. Debe coñece-la tecnoloxía específica do sector e o comportamento dos materiais no proceso. |
48,00%
|
| Técnico de mantemento |
É a actividade desenvolvida para conseguir mante-los medios técnicos e as instalacións en perfecto estado de uso, ademais de levar a cabo as correccións necesarias durante a utilización dos mesmos. É necesario ter coñecementos específicos da tecnoloxía téxtil. |
44,00%
|
| Operario de transporte/manipulador |
Actividade dedicada a clasificar, transportar e facer chegar ás máquinas de costura e de corte os materiais necesarios para o proceso de fabricación. |
37,50%
|
| Técnico de corte e confección |
Ocupación destinada a consegui-la mellor combinación dos patróns na sección de corte para obte-lo maior rendemento do tecido. Ademais ten que prepara-lo procesado, de maneira que na confección consígase a maior calidade. Debe ter coñecementos de confección e dos materiais que traballa e coñece-la correcta orientación da urda para consegui-lo corte axeitado. |
33,33%
|
| Maquinista de Confección |
Especialista na utilización de maquinaria de costura. En moitas empresas do sector é o mesmo que costureira. Necesita certos coñecementos dos materiais a utilizar. |
33,33%
|
| Técnico de calidade |
Actividade cun fin que consiste en defini-los requirimentos necesarios para realiza-lo mellor producto e face-las inspeccións necesarias para garantir que non se entreguen productos en malas condicións ós clientes. É o responsable de manter ó día o sistema de xestión de calidade da empresa. É imprescindible o coñecemento dos materiais e medios de fabricación. |
32,00%
|
| Técnico de métodos e tempos |
Actividade destinada a estudia-la mellor maneira de executa-los procesos co fin de reduci-los custos, mellora-lo servicio ó cliente e incrementa-la capacidade de producción da empresa. Debe ter experiencia en operacións específicas do sector. |
32,00%
|
| Almacenista/Aux. almacén |
É a persoa responsable da conservación e o servicio dos materiais que se van utilizar no proceso |
31,82%
|
| Cortador |
Técnico que realiza o corte dos tecidos para a posterior confección. Debe ter coñecemento da tecnoloxía e do comportamento dos tecidos. |
29,17%
|
| Operario de máquina ou similar |
É a actividade propia de transformación das materias primas. É necesario coñece-la tecnoloxía e o comportamento dos materiais a procesar |
25,00%
|
| Pranchador |
Operario que realiza o proceso de pranchado. Debe coñece-las máquinas e o comportamento dos materiais no proceso |
25,00%
|
| Cosedora/rematadora/
repasadora
|
Actividade parecida á de maquinista de confección e costureira. As actividades de rematado e repasado están entre o control de calidade e a reparación de erros. Deben ter coñecementos de costura e calidade. |
25,00%
|
| Xefe de Grupo |
É o soporte do responsable de fabricación, polo tanto, é o que executa as súas ordes. É imprescindible que coñeza o comportamento dos materiais e como é o seu procesado. Debe saber traballar nunha ampla gama de máquinas |
24,00%
|
| Representante |
Persoa dedicada a promocionar e vende-los productos sen ter un vínculo contractual coa empresa. |
20,83%
|
| Etiquetado/embolsado |
Actividade que se desenvolve na sección de corte e que consiste en poñer unha etiqueta a cada parte da prenda para facilita-lo proceso de confección / costura en relación á unión das partes. A actividade de embolsado pode estar relacionada co mesmo fin, ou tamén coa preparación do material que se envía da sección de corte ou costura ós talleres externos de confección ou acabados. |
16,67%
|
| Dependentes |
Ocupación da venta polo miúdo que se encarga de subministrar ós clientes os productos que están nas tendas. |
16,67%
|
| Costureiro/a |
É o especialista no procesado dos tecidos. A súa actividade consiste en uni-las distintas partes que conforman a prenda final. Require experiencia e coñecemento da tecnoloxía e dos materiais |
12,50%
|
| Técnicos de Informática |
O obxectivo que se persegue con esta ocupación é o de dar soporte ós usuarios dos sistemas de información nos aspectos relacionados co software e o hardware utilizado. |
12,50%
|
| Chofer |
Actividade dedicada a dar servicio ós talleres que realizan a confección, ademais de leva-la paquetería ás tendas |
12,50%
|
| Técnicos de Marketing |
Actividade dedicada a comunicar e publicita-los productos da empresa, así como transmitir ás empresas as inquietudes do mercado con respecto ás novas tendencias da moda. |
8,33%
|
| Técnico de Tecelaxe |
Ocupación dedicada a preparación de máquinas de tecer. Tamén se chama deste modo ós operadores das tecedoras. Ten coñecementos de filaturas e do comportamento deestas á hora da tejeduría. |
8,33%
|
| Modista |
É a persoa que fai as medicións da persoa, realiza a patronaxe e leva a cabo a costura. É unha actividade de tendencia artesanal. |
4,17%
|
| Publicistas |
Actividade que desenvolve tódolos aspectos relacionados coa comunicación en relación á elaboración de catálogos, fotos, etc. Pode ser unha actividade que supla a de marketing |
4,17%
|
| Escaparatistas |
Persoas que se dedican a prepara-los escaparates nos cambios de campaña e nas épocas de rebaixas. Deben ter coñecementos de marketing e decoración |
4,17%
|
| Bordadoras/técnicos de ollalado |
Chámase bordador á persoa que opera cunha máquina de bordar. Esta actividade tamén se pode facer manualmente. Os técnicos de ollalado son aqueles que operan con maquinas de ollalado preparan as mesmas para ser operadas por outras persoas e requiren coñecementos de patronaxe. |
4,17%
|
| Programador |
Igual que o técnico de informática pero que ademais desenvolve programas |
0,00%
|
Táboa 5.24.- Postos específicos analizados no Sector Téxtil nas empresas galegas.