5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.4.- Análise do sector Téxtil en Galicia

5.4.2.- Definición dos postos principais nas empresas do sector
Dentro do sector téxtil identificáronse nas empresas analizadas unha serie de postos que temos diferenciado entre postos xerais o transversais, comúns a tódolos sectores, e os postos técnicos ou operativos, específicos do sector téxtil.

Nas táboas 5.23 e 5.24 preséntase unha lista dos postos, cunha breve descrición dos mesmos, indicando a porcentaxe de empresas enquisadas que conta con cada un deles. Esta porcentaxe serviu de criterio de ordenación dos postos.
POSTOS XERAIS
DEFINICIÓN
EXISTE
Dirección Xeral Responsable máximo da empresa, denominado normalmente xerente. Sole se-lo propietario ou accionista da empresa. É o responsable da coordinación de tódalas áreas da empresa, marcando as grandes liñas de obxectivos, para obte-los resultados previstos.
100,0%
Dirección Funcional Dependendo do Director Xeral da empresa, as súas funcións principais son o deseño de estratexias, posta en marcha, dirección e control de tódolos aspectos da súa área da empresa.
80,00%
Comerciais Encargado da venta dos productos comercializados pola empresa nos clientes reais e potenciais que existan, en función dos obxectivos e estratexias da empresa.
72,00%
Administrativos Responsable de funcións como a administración de compras e ventas, contabilidade, cobros, pagos, manter ó día o arquivo, atender chamadas telefónicas, etc.
96,00%

Táboa 5.23.- Postos xerais /transversais analizados no Sector Téxtil nas empresas galegas.


Como era esperable tódalas empresas teñen dirección xeral, isto é, algún responsable máximo que coordina tódalas áreas da empresa. A porcentaxe diminúe algo se analizamos os postos asociados á dirección funcional, o que pode explicarse polo reducido tamaño das empresas enquisadas. En calquera caso, á vista dos datos pode afirmarse que as empresas do sector téxtil enquisadas teñen unha certa estructura organizativa.
O dato referente á porcentaxe de empresas enquisadas con comerciais, un 72%, pódese relacionar co feito de que arredor do 78% das empresas levan a cabo actividades de distribución.

A percentagem de 72% de empresas inquiridas com comerciais, pode relacionar-se com o facto de aproximadamente 78% das empresas levarem a cabo actividades de distribuição.