5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.4.- Análise do sector Téxtil en Galicia
Das táboas 5.25 e 5.26 podemos destaca-lo seguinte:

- Os postos xerais ou transversais presentan unha rotación mínima. Obsérvase así mesmo nestes postos que non no que se refire ás previsións de contratación nos próximos tres anos espérase que se manteñan. Esto é coherente coas opinións dos expertos do sector, que sinalan que este é un sector maduro con poucas expectativas de crecemento.

- Os postos xerais nos que hai menor posibilidade de incorporar traballadores transfronteirizos son os de Dirección Xeral e Funcional, o que probablemente débese a que normalmente estes postos ocúpanos os propietarios das empresas.

- Nos postos específicos do sector obsérvase en xeral un nivel de rotación baixa. En canto á previsión de crecemento para os próximos anos, a tendencia xeral é manterse, anque poden realizarse algunhas matizacións. Prevese que diminúan os postos de costureiro e chofer, segundo a opinión dos expertos debido á tendencia crecente que existe no sector téxtil en canto á subcontratación de determinados procesos. Tamén se prevé que diminúa o número de modistas, debido en gran parte ó seu carácter artesanal, e o número de bordadoras. A diminución neste posto pode vir explicada porque as novas tecnoloxías utilizadas permiten que unha mesma persoa manexe simultaneamente varias máquinas de bordado, o que fará que diminúa o número de persoas necesarias neste posto.

- A posibilidade de incorporar traballadores portugueses é alta para case tódolos postos, pero hai excepcións. É baixa a posibilidade de incorporalos nos postos de modista e de bordadora, debido a que, como comentamos anteriormente, son posto que se prevé que diminúan. Tamén se considera pouco probable a incorporación de traballadores portugueses nos posto de publicista e escaparatista, o que pode deberse ás diferencias culturais. En canto ó posto de dependente, con baixa posibilidade de ser ocupado por traballadores transfronteirizos, resulta clave a barreira do idioma, xa que é un posto que requiere un trato directo co público.

- Nos postos específicos do sector observa-se em geral um baixo nível de rotatividade. Quanto à previsão de crescimento para os próximos anos, a tendência geral é manter-se, ainda que possam ser tecidas algumas considerações. Prevê-se que diminuam os postos de costureira e motorista, segundo a opinião dos peritos devido à crescente tendência que existe no sector têxtil quanto à subcontratação de determinados processos. Prevê-se também que diminua o número de modistas, devido em grande parte ao seu carácter artesanal, e o número de bordadeiras. A diminuição neste posto pode ser explicada pelo facto das novas tecnologias permitirem que uma mesma pessoa controle simultaneamente varias máquinas de bordar, o que fará diminuir o número de pessoas necessárias neste posto.

- A possibilidade de incorporar trabalhadores portugueses é alta para quase todos os postos, mas há excepções. A possibilidade de incorporá-los nos postos de modista e de bordadeira é baixa, pois, tal como comentamos anteriormente, são postos que se prevê que diminuam. Considera-se também pouco provável a incorporação de trabalhadores portugueses nos posto de publicista e vitrinista, o que pode dever-se às diferenças culturais. Quanto ao posto de expediente, com baixa possibilidade de ser ocupado por trabalhadores transfronteiriços, resulta da barreira do idioma, já que é um posto que requer um tratamento directo com o público.