| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.4.- Análise do sector Téxtil en Galicia |
5.4.4.- Valoración da oferta laboral segundo as empresas analizadas Nas táboas 5.27 e 5.28 preséntanse as valoracións das empresas e os expertos a dúas importantes cuestións. Analízase en qué medida a cantidade de profesionais existentes no mercado satisface a demanda das empresas e qué medida os perfiles destes profesionais axústanse ás necesidades das empresas, valorándose as súas respostas nunha escala 1-5 (1: valor mínimo, 5: valor máximo). Táboa 5.27.- Valoración da oferta de postos xerais polas empresas galegas consultadas do Sector Téxtil Táboa 5.28.- Valoración da oferta de postos técnicos polas empresas galegas consultadas do Sector Téxtil Podemos observa-lo seguinte: - A oferta existente no mercado é suficiente e os perfiles axeitados para tódolos postos xerais, excepto para os comerciais. Esta é unha constante en tódolos sectores e pódese deber en gran medida a que non existe un perfil específico para ocupa-lo posto de comercial. Para ocupar este posto sole ser necesario ter experiencia no propio sector, co que o abanico de posibilidades para atopar persoas que satisfagan as necesidades das empresas é moi reducido. - En canto ós posto específicos do sector téxtil pode dicirse, á vista dos perfiles, que a oferta existente no mercado non satisface demasiado a demanda das empresas, o que é máis evidente nos postos máis técnicos. Así, a oferta é claramente insuficiente nos seguintes postos: técnico de calidade, técnico de métodos e tempos, técnico de corte e confección, programador, maquinista de confección e técnico de tecelaxe. Polo contrario, existen algúns postos que as empresas consideran que se ofrecen nunha cantidade que satisface completamente as súas necesidades, como técnicos de marketing e informáticos, chofer, publicistas e escaparatistas. No caso das modistas e bordadoras a cantidade considérase máis que suficiente en gran medida polo feito que antes comentamos de que a previsión é que diminúa a súa demanda. |