| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.4.- Análise do sector Téxtil en Galicia |
| Isto pode deberse a que os perfiles profesionais buscados para cubri-los postos de Mandos Intermedios son diferentes. Normalmente, as empresas tenden a cubrir estes postos con persoas que coñecen perfectamente o sector e os traballos específicos a realizar, polo que as persoas que levan tempo traballando na empresa cumpren ese requisito e, polo tanto, recórrese á promoción interna (19,35%). Respecto a este punto, consideramos importante destacar que, nalgúns casos, as empresas soamente se fixan no detalle de que a persoa sabe e coñece perfectamente tódolos traballos a realizar na fábrica e poden comete-lo error de reduci-lo perfil profesional que buscan soamente a esa característica, cando é sabido que o perfil profesional dun Mando Intermedio require doutra serie de características moi importantes para poder desempeña-lo seu traballo de forma axeitada. Evidentemente, moitas empresas son conscientes disto e, ó comprobar que non sempre é posible a promoción interna, recorren frecuentemente ás outras dúas vías importantes de incorporación: consultoras e empresas privadas de selección (19,35%) e anuncios de traballo en prensa (16,13%). |