|
O máis destacable neste caso é a importancia dos contactos persoais (48,39%) como principal vía de incorporación. Tamén destaca o aumento que se produce na contratación a través de anuncios en prensa e o feito de que deixa de existir a vía da promoción interna.
Os contactos persoais, como vía de incorporación máis utilizada, débese tanto á importancia do coñecemento do sector como á importancia de contratar persoas de "confianza" nestes postos
Por outra parte, destacar que o perfil profesional necesario para cubrir postos comerciais nas empresas é moi específico e sole requirir ou que os posibles candidatos teñan experiencia e/ou coñecementos do sector, especialmente de clientes potenciais, polo que ese perfil específico é difícil de atopar dentro da propia empresa e débese recorrer, en moitas ocasións, ós anuncios en prensa (25,81%).
|