5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.4.- Análise do sector Téxtil en Galicia

Na figura 5.34, podemos observa-los procedementos máis utilizados polas empresas do sector Téxtil da zona Fronteiriza do sur de Galicia á hora de incorporar a persoal administrativo.

Obsérvase claramente que, neste caso, as empresas do sector téxtil recorren a unha gran variedade de vías de incorporación. Isto débese a que existen no mercado moitas persoas cualificadas para desempeñar traballos administrativos, polo que é relativamente fácil atopalas a través de diferentes vías. Normalmente, comézase polo máis achegado (Contactos Persoais), que conlevará unha contratación de persoal máis rápida. Ademais, certos postos administrativos requiren manexar información confidencial da empresa, polo que as empresas tenden a contratar "persoas de confianza".

Por outra parte, pódese recorrer a vías de incorporación moi variadas, xa que nestes postos de traballo, o feito de coñecer previamente o sector, ten menos importancia que noutros, xa que as actividades e funcións realizadas nestes postos de traballo son máis xenéricas e, polo tanto, a adaptación das persoas ós postos é moito máis rápida.