5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.4.- Análise do sector Téxtil en Galicia

Por último, na figura 5.35 represéntanse as vías de incorporación máis utilizadas para persoal técnico ou de producción.

Como se observou na figura, a incorporación de novo persoal Técnico e de Producción realízase a través dunha gran diversidade de vías. Isto é debido, principalmente, a dous motivos: por un lado, estes postos de traballo son máis variados e, por tanto, requiren perfiles profesionais diferentes e, por outra parte, requiren dun maior número de persoas para ser cubertos, polo que necesitamos recorrer ó maior número de vías de incorporación posible para cubrir eficazmente tódolos postos de traballo.
Destacamos tamén, a gran importancia que adquire como vía de incorporación de Persoal Técnico e de Producción, os servicio públicos de emprego. Isto é debido a que os demandantes de emprego para postos de producción buscan traballo a través de ditos servicios, polo que as empresas acuden a eles frecuentemente por saber que lles van enviar posibles candidatos e, ademais, sen supor un custo adicional.