| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.4.- Análise do sector Téxtil en Galicia |
5.4.6.- Análise da mobilidade laboral transfronteiriza O traballo realizado coas empresas, orientouse a identifica-la posibilidade de incorporar traballadores transfronteirizos nos distintos postos. Da análise por postos obtívose que as empresas consideran maioritariamente que sería posible incorporar traballadores portugueses en calquera dos postos das empresas do sector téxtil da Zona Fronteiriza galega. Non obstante, consultouse ás empresas sobre os posibles freos á hora de incorporar traballadores doutro lado da fronteira. A figura 5.36 amosa os resultados obtidos. |