5.5.2.- Definición dos postos principais nas empresas do sector
Nas táboas 5.30 e 5.31 preséntanse os postos que se identificaron nas empresas analizadas. Para cada un dos postos engádese unha breve descrición do cometido ou orientación do mesmo, así como a porcentaxe das empresas analizadas que contan con dito posto.
Ademais dos postos que indicamos, identificáronse algúns outros postos nas empresas analizadas , pero con porcentaxes moi inferiores, polo que se optou por non incluílos no estudio de demanda e oferta que se presenta nos apartados posteriores.
|
POSTOS XERAIS
|
DEFINICIÓN (6)
|
EXISTE
|
| Dirección Xeral |
Responsable máximo da empresa; denominado normalmente xerente. Normalmente é o propietario ou accionista principal da empresa. |
100,00%
|
| Dirección Funcional |
Dada a pequena dimensión da maior parte das empresas, son poucas as empresas que contan con responsables de áreas. As máis frecuentes son a área comercial e a área técnica |
23,33%
|
| Comerciais |
Responsable da captación de clientes (visitas, orzamentos, demostración de productos, etc) |
60,00%
|
| Administrativos |
Responsable de funcións como a administración de compras, administración de ventas, contabilidade, cobros, pagos, etc |
80,00%
|
Táboa 5.30.- Postos xerais / transversais analizados no Sector de Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas galegas.
___________________________________________________________________________________________
(5) WEB master, consultor de bases de datos, son algúns dos postos identificados, pero cunha porcentaxe de empresas moi reducido.
(6) Os nomes e as descripcións dos postos obtivéronse das aportacións das empresas enquisadas así como dos expertos sectoriais consultados ó respecto. Ditas descripcións incluíronse principalmente coa finalidade de clarificar e aportar unha información de base sobre o cometido principal do posto en cuestión. Polo tanto non se pretendeu detallar en profundidade as funcións e competencias requeridas por cada un dos postos analizados.
|