5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.5.- Análise do sector de Tecnoloxías da Información e Comunicación en Galicia

5.5.1.2.- Principais datos sobre o sector na zona fronteiriza do sur de Galicia


Empresas
Facturación (euros)
V.A.B (euros)
Rent. Econ.
Emp. Medio

%
%
%


A Coruña
45
53,57%
206.896.791
81,72%
63.245.123
84,59%
11,96
44
Lugo
6
7,14%
2.996.553
1,18%
1.203.515
1,61%
7,50
14
Ourense
4
4,76%
3.407.086
1,35%
515.566
0,69%
4,00
6
Pontevedra
29
34,52%
39.886.623
15,75%
9.803.457
13,11%
6,76
9
Total TIC Galicia
84

253.187.053

74.767.661



PESO EN GALICIA

0,84%

0,63%

0,98%


Táboa 5.29.- Principais datos sobre o sector TIC en Galicia
Fonte: Elaboración propia a partir de datos de Ardán 2001

Na táboa 5.29 pódese observar como as empresas de Tecnoloxías da Información soamente representan o 0,84% das empresas galegas. Pódese observar que a facturación xerada neste sector supón un 0,63% da facturación total xerada en Galicia e o valor engadido un 0,98%.

Non se debe perder de vista o feito de que estes datos foron extraídos do directorio ARDAN das 10.000 primeiras empresas galegas. Isto fai que a gran maioría das empresas deste sector ó ser de reducida dimensión non estean recollidas en dito directorio. En calquera caso, o sector de Tecnoloxías da Información non é actualmente un sector significativo nin en número de empresas nin en facturación en Galicia. Aínda así, cabe destaca-las súas expectativas de crecemento e as grandes oportunidades que presenta como potencial xerador de emprego.

Polo mesmo motivo comentado anteriormente, o feito de que os datos da táboa correspondan a empresas que pola súa dimensión aparecen no directorio ARDAN, a cifra de número de empregados medio recollida na táboa non é extrapolable ó conxunto do sector.

En canto ó peso da Zona Fronteiriza (provincias de Ourense e Pontevedra) no seu conxunto en relación ó total do sector TIC en Galicia, cabe destacar que mentres que representa arredor do 39% do número de empresas do sector en Galicia, soamente xera o 17% da facturación total do sector e xera un 14% do Valor Engadido.

Debemos subliñar que se analízanse as provincias de Ourense e Pontevedra por separado existen diferencias notables, sobre todo no que refire a facturación e valor engadido xerado. Así, mentres que as empresas do sector TIC en Pontevedra representan unha porcentaxe respecto ó total galego, no que se refire a número de empresas, sete veces maior que na provincia de Ourense, a facturación e o valor engadido xerado polas empresas de Pontevedra teñen un peso relativo sobre o total de Galicia once e dezanove veces maior que as de Ourense respectivamente