5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.5.- Análise do sector de Tecnoloxías da Información e Comunicación en Galicia

Sen embargo, ante a cuestión de se estes postos atópanse documentados, a figura 5.38 pon de manifesto o baixo nivel de formalización das funcións, con valores inferiores ós correspondentes ó conxunto de empresas considerando tódolos sectores analizados neste traballo. É importante destacar, que moitas das empresas deste sector precisan unha gran polivalencia do seu persoal, xa que a reducida dimensión impide en moitos casos a estructuración por funcións e a especialización do persoal.