5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
5.6.- Análise do sector do Turismo en Galicia |
5.6.1.- O sector do Turismo 5.6.1.1.- Actividades desenvolvidas polas empresas do sector Turismo O sector turístico galego atópase nuns dos seus mellores momentos e anque este sector viuse perxudicado ultimamente a nivel mundial, para Galicia preséntase con boas expectativas xa que os seus principais clientes son nacionais, do resto de España e de países achegados como Portugal, Francia, Reino Unido o Italia. No sur de Galicia, Pontevedra e Ourense, obsérvase unha maior concentración turística na zona litoral da provincia de Pontevedra, sendo Sanxenxo o centro turístico por excelencia da provincia. Tampouco podemos esquecer a importancia de Vigo e a súa área de influencia, así como a Comarca do Val Miñor, con Baiona e Nigrán á cabeza como destinos turísticos. É un feito confirmado que no sector turístico non soamente participan as empresas propias de aloxamento e restauración, senón que tamén inflúe enormemente o entorno que as rodea e sobre todo a oferta complementaria que se ofrece na súa área. Á hora de realiza-lo estudio do sector turístico tivéronse en conta estas premisas e se escolleron as empresas en función da cadea turística definida por Ardán. As empresas que se analizaron son principalmente de servicios e realizan as seguintes actividades: - Actividades deportivas (natación, golf, náutico, submarinismo, esquí): recolléronse opinións en empresas que realizan este tipo de actividades deportivas, tanto de litoral, como náuticas, natación, submarinismo, como de montaña, estacións de esquí, como a de Manzaneda, e campos de golf. Inclúense tamén empresas dedicadas á distribución de material deportivo. - Axencia de viaxes: basean a súa actividade principalmente en xestionar reservas, viaxes ou en prestar determinados servicios relacionados con esta actividade. - Alugamento e venta de películas e distribución cinematográfica: incluíronse este tipo de empresas porque se catalogaron como empresas de servicios persoais. A actividade principal destas empresas é a realización e distribución de cintas cinematográficas, realizando todo tipo de actividades relacionadas, como dobrar filmes, montalas, etc. e outras empresas dedicadas simplemente ó alugamento e venta de películas. - Espectáculos e exhibición cinematográfica: aquí se incluíron, como seu nome indica, as empresas dedicadas ós espectáculos e exhibición cinematográfica. - Hostalería: tamén se recolleron opinións das propiamente empresas turísticas, como son tódalas referentes a aloxamentos, como os hoteis, hostais,... e restaurantes e cafeterías. Nesta mesma categoría inclúense tamén locais como cervexerías, pubs, etc. - Xogos e máquinas recreativas: esta clasificación inclúe tanto as propias empresas fabricantes como as que alugan as máquinas recreativas e as encargadas de animación e xogos. |