5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
5.6.- Análise do sector do Turismo en Galicia |
Das táboas anteriores despréndese que para os postos xerais tanto a cantidade da oferta como os perfiles existentes no mercado laboral son valorados moi positivamente polas empresas analizadas. Cando se trata de postos técnicos hai que facer unha serie de aclaracións, xa que nos postos que reciben unha valoración moi positiva en canto á cantidade e ós perfiles existentes no mercado, como director de alimentación e bebidas, persoal de balneario, chofer, etc. , hai que ter en conta o número de empresas que posúen ese posto, xa que en moitos casos son poucas as empresas que os teñen cubertos e no seu organigrama e, polo tanto, están máis satisfeitas coa cantidade e calidade existente para cubrilos. Un dato a ter en conta é a baixa puntuación que obtén todo o persoal de cociña, cociñeiro principalmente, e xefes de cociñeiros e camareiros, xa que o número de empresas que posúen estes postos supera o 40%. Para o resto dos postos as empresas cren que a oferta e os perfiles existentes no mercado laboral é suficiente. |