5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.6.- Análise do sector do Turismo en Galicia

5.6.5.- Incorporación dos traballadores ás empresas

Estudiamos neste apartado cales son as principais vías de incorporación de traballadores das empresas analizadas pertencentes ó sector turístico.

- Comezando polos postos transversais e tendo en conta que a maioría das empresas pertencentes a este sector inclúense na categoría de PYME, cunha facturación media de entre 50 e 249 millóns, é lóxico que a vía de incorporación da Dirección Xeral e Funcional sexa a través de familiares e xente que forma parte da empresa xa que a maioría destas pymes son, en moitos casos, de carácter familiar. Esta vía de incorporación ten un gran peso, xa que supera o 43% das empresas preguntadas.

- Pola mesma razón que no caso anterior, a segunda vía de incorporación, con máis dun 21%, é a de contactos persoais.

- Cabe destacar, anque cunha importancia menor, a procura de profesionais por medio de consultoras e empresas privadas de selección.