6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.1.- Análise do sector da Construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.1.1.- O sector da Construcción no Norte de Portugal

Segundo os datos do Departamento de Estatística do Traballo, Emprego e Formación Profesional (DETEFP), existían en 1998 27 816 empresas do sector da construcción, representando o 12,2% do total de empresas nacionais de tódolos sectores.
O sector empregaba nesa data máis de 255 mil persoas, representando 10,4% do total de persoas ó servicio en Portugal.
O sector caracterízase por empresas de pequena e moi pequena dimensión, tal como se presenta na seguinte táboa:


% EMPRESAS
% PESSOAS AO SERVIÇO
Até 9 pessoas
81.2
34.4
10 – 19 pessoas
11.5
18.3
20 – 49 pessoas
5.2
19.2
50 – 99 pessoas
1.3
11.3
100 – 199 pessoas
0.5
7.9
200 – 499 pessoas
0.2
6.9
500 e mais pessoas
0.1
2

Táboa 6.1.- Distribución porcentual das empresas e das persoas ó servicio segundo a dimensión

Como se verifica, máis de 80% das empresas ten menos de 10 persoas ó servicio. Debido a esta elevada porcentaxe, cerca de 53% das persoas ó servicio inclúense en empresas con menos de 20 traballadores.


6.1.1.1.- Actividades Desenvolvidas polas empresas do sector da Construcción

O sector da construcción constitúe un dos sectores estructurados da economía portuguesa e é tratado de forma homoxénea para fins estatísticos. En base a Clasificación das Actividades Económicas (CAE), revisión 2, trátase da sección F, designada simplemente por "construcción".
Este sector inclúe os seguintes segmentos de productos/mercados (1):
- Construcción de edificios residenciais;
- Construcción de edificios non residenciais;
- Rehabilitación e conservación ;
- Enxenería civil (construcción e conservación das vías de comunicación e obras de arte, a enxeñería hidráulica, ben como a construcción e conservación de redes de distribución.)
O proceso construtivo inclúe diversas fases, sendo que algunhas empresas (destacadamente as de maior dimensión) abranguen todas esas fases e outras centran a súa actividade apenas nalgunhas delas:
- Estudios e Proxectos: é a primeira fase do proceso de construcción e engloba as áreas de arquitectura e enxeñería, que se desenvolven simultaneamente, co obxectivo único de defini-lo proxecto de construcción;
- Producción/Construcción: inclúe tres grandes áreas de actividade, sendo estas o planeamento e xestión, a obra e a fiscalización. A parte da obra desenvólvese en varias fases que poden ser desenvolvidas por empresas diferentes:
- Preparación do estaleiro;
- Preparación dos locais de construcción;
- Execución das fundacións e estructura;
- Execución de mamposterías e cobertura;
- Instalacións especiais (electricidade, auga, sumidoiros e gas);
- Acabamentos (estucaxe, aplicación de illamentos, revestimento de pavimentos, paredes e teitos, carpintería, vidros, pinturas, etc)
_____________________________________________________________________________
(1) INOFOR – Instituto para a Inovação na Formação. Construção Civil e Obras Públicas em Portugal, 2000.