6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.1.- Análise do sector da Construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.1.1.2.- Principias datos sobre o sector na zona transfronteiriza do Norte de Portugal

A área xeográfica do estudio no Norte de Portugal abrange os distritos de Braga, Bragança, Viana do Castelo e Vila Real. Segundo datos dos Cadros de Persoal 1998 do Departamento de Estatística do Traballo, Emprego e Formación Profesional (DETEFP), o sector presenta nesta rexión, os seguintes datos:


BRAGA
BRAGANÇA
VIANA DO CASTELO
VILA REAL
Nº de establecementos
2646
342
1089
490
% establecementos / total nacional
9.3
1.2
3.8
1.7
Nº persoas ó servicio
21916
2372
8384
3850
% persoas ó servicio / total nacional
9.1
1
3.5
1.6

Táboa 6.2.- Distribución porcentual dos establecementos e persoas ó servicio por distrito no sector da construcción

Como se verifica pola táboa, a área do estudio representa o 16% dos establecementos do sector a nivel nacional 15,2% das persoas ó servicio. O distrito de Braga é o máis representativo neste grupo, situándose en terceiro lugar a nivel nacional, seguido de Lisboa e Porto.

Datos relativos ás 1100 maiores empresas do sector indican que o 5,8% localízanse no distrito de Braga, 1% en Viana do Castelo. Con menor porcentaxe aparecen os distritos de Bragança e Vila Real (0,3% e 0,2%, respectivamente).

En termos de volume de vendas, estes catro distritos teñen un peso do 7,4% do total nacional.