6.1.2.- Definición dos postos principais nas empresas do sector
Nas empresas analizadas, foran identificados os postos constantes nas dúas seguintes táboas. Nunha delas preséntanse os postos xerais, así designados porque se trata de postos transversais ós diversos sectores e noutra os postos técnicos ou específicos do sector da construcción .
Para cada posto faise unha breve descrición, ben como se presenta a porcentaxe de empresas que posúen o respectivo posto.
POSTOS XERAIS
|
BREVE DEFINICIÓN
|
EXISTE
|
Dirección Geral |
O seu principal papel é o da definición das metas, establece-los criterios de actuación e orienta-la empresa para conseguir os mellores resultados do punto de vista económico e social |
72.00%
|
Dirección Funcional |
Coordinación e supervisión dos procesos básicos da empresa, tendo responsabilidade sobre tódolos recursos da organización |
44.00%
|
Comerciais |
Detección de oportunidades de execución de obras e promove-las capacidades da empresa, coa finalidade de incrementa-lo negocio |
32.00%
|
Administrativos |
Actividade encargada de facilita-lo traballo do resto da organización. Destácase o servicio ó cliente, a organización dos documentos, etc |
80.00%
|
Táboa 6.3.- Postos xerais / transversais analizados no sector da Construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal
Relativamente ós postos xerais, verifícase que a maioría das empresas posúen dirección xeral, habendo unha reducida porcentaxe de persoal suxeito a cargos de dirección funcional, ben como á área comercial. A área administrativa existe en, practicamente, a totalidade das empresas analizadas.
POSTOS TÉCNICOS
|
BREVE DEFINICIÓN
|
EXISTE
|
Chefe de Obra |
O obxectivo é dirixi-la execución das obras contratadas pola empresa, analizando a súa perfecta execución |
80.00%
|
Motorista |
É a persoa responsable de transporta-los materiais e persoas ós diferentes puntos nos que están tendo lugar as obras. |
80.00%
|
Carpinteiro |
É o responsable de traballar e montar todo o que está relacionado coa madeira. Normalmente non realiza traballos de cofraxe que tamén están relacionados con madeira |
68.00%
|
Engenheiro Civil |
Asegura a adecuación das condicións físicas dos terreos e as características da obra
|
64.00%
|
Pedreiro |
É unha actividade parecida á de canteiro, se ben que o pedreiro non traballe especificamente a pedra, responsabilizándose de tarefas máis xerais |
64.00%
|
Armador de Ferro |
Actividade que consiste en prepara-la estructura de ferro que normalmente vai dentro da cofraxe da obra |
60.00%
|
Pintor |
É a actividade encargada de face-las mesturas de tintas para obte-lo deseño da obra. Tamén realiza o traballo de cubri-las superfícies de cor (paredes, portas, xanelas, solos, etc...) |
56.00%
|
Manobrador de Gruas |
É a persoa responsable do manexo da grúa. O seu obxectivo é basicamente o de eleva-los materiais e outros recursos ás alturas necesarias |
48.00%
|
Electricista |
É a actividade responsable de realizar tódalas conduccións e conexións relacionadas coa electricidade da obra |
44.00%
|
Canalizador |
É o responsable de canalizar, meter tubos e accesorios e conecta-los, co obxectivo de facer pasar as augas necesarias para o uso posterior da construcción. Tamén pode facer canalización de gas e outros fluídos |
44.00%
|
Serralleiro civil |
Persoa responsable da execución de tódolos traballos de serraría da obra |
44.00%
|
Responsable de compras |
Actividade responsable por adquiri-los materiais necesarios para a obra ó mellor custo, menor prazo de entrega e mellores condiccións de calidade e servicio. É o responsable pola procura dos mellores fornecedores |
40.00%
|
Responsable de Máquinas |
Consiste en dar servicio ás obras, supervisando e xestionando os servicios de manutención da maquinaria, co obxectivo de que esta estea preparada para a utilización nas obras |
36.00%
|
Técnico de Obra |
O obxectivo é controlar a correcta execución da obra en base as instruccións recibidas do Chefe de Obra. É o responsable dos recursos hunanos e materiais utilizados na obra |
32.00%
|
Trolla / Pedreiro de Acabamentos |
É a actividade máis especializada da construcción. Consiste en executar tódolos traballos relacionados coa propria construcción en que se empregan ladrillos, pedra, cal, cemento e outros materiais semellantes |
32.00%
|
Fiel de Armazém |
É o responsable de gardar e protexer tódolos materiais que están en existencia na obra para a súa posterior utilización |
32.00%
|
Calceteiro |
Persoa responsable da disposición das rúas das obras, que normalmente é feita en pedra (paralelo) |
28.00%
|
Aprendiz/servente |
Persoa que axuda os albaneis a realiza-las súas actividades |
28.00%
|
Cofrador |
Consiste en elaborar un soporte, de madeira ou metálico, co obxectivo de construi-la estructura da obra |
24.00%
|
Responsable de projectos |
É a persoa que, a partir do momento en que o proxecto da obra está definido, encárgase de face-lo seguimento da mesma, co obxectivo de alcanza-los obxectivos nos prazos, custos e rendabilidade da obra, previamente definidos |
24.00%
|
Técnico de Deseño de Construcción Civil |
Persoa que auxilia o Arquitecto, tratando do deseño da obra coas especificacións que o arquitecto fornécelle |
24.00%
|
Preparador |
Persoa responsable da preparación do local da obra |
24.00%
|
Medidor- Orçamentista |
Actividade responsable da medición dos materiais necesarios para a execución da obra. Esta actividade é desenvolvida conxuntamente co Engenheiro Civil |
20.00%
|
Técnico de segurança |
O obxectivo desta actividade é o de establece-los procedementos e esixi-los medios que garantan a seguridade dos traballadores na obra. É o responsable de ter ó día a documentación relacionada co sistema de seguridade da empresa |
16.00%
|
Canteiro |
O seu obxectivo é o de arranxa-la pedra e facer correctamente a colocación da mesma en tódolos puntos que sexa necesaria na obra. Tamén pode realizar acabamentos especiais no tratamento da pedra |
12.00%
|
Topógrafo |
É a actividade que consiste en delinear detalladamente a topografía do terreo sobre o que se desenvolverá a obra |
12.00%
|
Montador de Andaimes |
Actividade responsable da montaxe dos andamios necesarios para a execución das actividades da obra |
12.00%
|
Arquitecto |
Persoa responsable do deseño da obra e das características técnicas da mesma. Debe apoiarse no Engenheiro Civil |
8.00%
|
Técnico de Calidade |
A súa actividade consiste en levar a cabo as inspecccións de materiais e obras coa finalidade de comprobar que responden ó que fora previsto nas especificacións da obra. Unha das súas tarefas é a de manter ó día a documentación do sistema de xestión da calidade da empresa |
8.00%
|
Manobrador de Máquinas |
Actividade responsable do manexo das máquinas necesarias para a execución da obra, como amontoadoras, retroescavadoras, etc |
8.00%
|
Táboa 6.4.- Postos técnicos analizados no sector da construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal
O posto técnico máis existente nas empresas analizadas é o Chefe de Obra (80%), motorista (80%) e carpinteiro (68%). Enxeñeiros civís existen no 64% das empresas analizadas, contrariamente á función de arquitecto, que apenas o 8% das empresas rexistran a existencia dese posto. A maior parte das empresas subcontratan os servicios destes profesionais.
A función de Técnico de Calidade tampouco presenta existencia na maior parte das empresas, debido ó feito de que a maior parte das mesmas non posúan un sistema de garantía da Calidade nen estaren certificadas segundo as normas ISO.
A función de trolla/pedreiro de acabamentos, que está fortemente vencellada ó sector, non presenta unha porcentaxe elevada de existencia nas empresas (a penas o 32% posúen este posto), estando moi po debaixo de, por exemplo, pintor (56%), electricista (44%), canalizador (44%).
A función de topógrafo, en virtude de tamén ser normalmente subcontratada polas empresas, tampouco a penas existe no 12% das mesmas, sendo as de maior dimensión as que absorben este tipo de profesionais.
____________________________________________________________________________
(2) A definición presentada pretende a penas identificar dunha forma simple cada posto. Non se pretendeu facer definicións máis complexas, sinaladamente polo nivel das tarefas específicas de cada función, posto que tal non é o obxectivo deste estudio.
|