6.1.3.- Aspectos máis destacables da procura segundo as empresas analizadas
Consultamos ás empresas sobre as súas expectativas de contratación nos diferentes postos, co obxectivo de obter indicadores orientativos sobre a procura de persoas no mercado de traballo a curto medio prazo.
Nas seguintes táboas preséntase, separadamente para postos xerais e postos técnicos, as respostas en relación á rotatividade dos postos e á previsión para os próximos tres anos e á posibilidade de incorporación de traballadores españois (3).

Relativamente ós postos xerais verifícase unha taxa de rotatividade moi reducida, presentando practicamente a totalidade das empresas unha intención de mante-lo número de persoas ligadas a estes postos, exceptuando o persoal administrativo, onde se prevé, en termos medios, un lixeiro aumento.
As empresas do sector da construcción non se manifestan en relación á incorporación de traballadores españois, mostrándose relativamente indiferentes en relación a este aspecto.
______________________________________________________________________________
(3) Para a interpretación destas táboas, clarifícanse os seguintes conceptos: Rotatividade: número de persoas que entran e saen da empresa. Nas táboas, 1 significa unha taxa de rotatividade moi reducida ou practicamente nula e 5 significa unha taxa de rotatividade elevada; Previsión: significa a previsión do número de traballadores para os próximos anos. Na escala presentada, 3 significa mante-lo número de traballadores, os números 2 e 4 significan unha lixeira diminución e un lixeiro aumento, respectivamente. Os números 1 e 5 significan unha gran diminución e un gran aumento, respectivamente; Posibilidade de incorporación: significa a posibilidade de incorporar traballadores españois para o referido posto. Nesta escala, 1 significa posibilidade moi reducida ou practicamente nula e o 5 unha elevada posibilidade. Na interpretación destas táboas, debe ter-se, aínda, en atención que as respostas baséanse na conxuntura actual das empresas e do sector. A lectura dos datos debe, tamén, ter por referencia a porcentaxe de empresas en que existe o referido posto, que está referida na táboa de perfís.
|