Outro aspecto a ter en conta na análise dos postos deste sector é o feito de que neste momento en Portugal exista inmigración de persoas dos países do Leste e que normalmente son integradas profesionalmente no sector da construcción.

Relativamente ós postos específicos do sector da Construcción, en termos xerais, rexístrase, como media, unha taxa de rotatividade reducida, exceptuando as funcións de Manobrador de Máquinas, Montador de Andaimes e Aprendiz/servente.
Como media, as empresas presentan unha perspectiva de crecemento do número de traballadores suxeitos ós varios postos para os próximos anos. Nese crecemento destácanse os postos Engenheiro Civil, Carpinteiro, Pintor, Preparador e Montador de Andaimes.
As empresas mostráranse moi receptivas á incorporación de traballadores españois, con excepción dos postos Chefe de Obra, Motorista e Fiel de Armazén onde esa receptividade é moderada.
______________________________________________________________________________
(3) Para a interpretación destas táboas, clarifícanse os seguintes conceptos: Rotatividade: número de persoas que entran e saen da empresa. Nas táboas, 1 significa unha taxa de rotatividade moi reducida ou practicamente nula e 5 significa unha taxa de rotatividade elevada; Previsión: significa a previsión do número de traballadores para os próximos anos. Na escala presentada, 3 significa mante-lo número de traballadores, os números 2 e 4 significan unha lixeira diminución e un lixeiro aumento, respectivamente. Os números 1 e 5 significan unha gran diminución e un gran aumento, respectivamente; Posibilidade de incorporación: significa a posibilidade de incorporar traballadores españois para o referido posto. Nesta escala, 1 significa posibilidade moi reducida ou practicamente nula e o 5 unha elevada posibilidade. Na interpretación destas táboas, debe ter-se, aínda, en atención que as respostas baséanse na conxuntura actual das empresas e do sector. A lectura dos datos debe, tamén, ter por referencia a porcentaxe de empresas en que existe o referido posto, que está referida na táboa de perfís.
|