6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.1.- Análise do sector da Construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.1.4.- Valoración da oferta laboral segundo as empresas analizadas

Nas seguintes táboas (4) preséntanse as respostas das empresas estudiadas ás cuestións relacionadas coa oferta de profesionais existente no mercado de traballo: se existe no mercado número suficiente de profesionais para satisface-las necesidades do sector e se os perfiles dispoñibles no mercado son os axeitados para os postos que se procuran.


Relativamente ós postos técnicos, as empresas non presentan dificultades para atopar profesionais para os postos existentes, rexistrando, tamén, unha boa adecuación dos perfiles existentes no mercado de traballo.
______________________________________________________________________________
(4) Na análise das táboas relativas á oferta laboral, clarifícanse os seguintes conceptos: Cantidade: é a resposta á pregunta "¿Existe no mercado de traballo cantidade suficiente para satisface-las necesidades da empresa?". Na escala, 1 significa cantidade moi insuficiente e 5 cantidade longamente suficiente; Perfiles axeitados: é a resposta á pregunta "Os perfiles existentes no mercado de traballo ¿son axeitados?". Na escala, 1 significa que os perfiles son moi inaxeitados e 5 unha perfecta adecuación.