6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.1.- Análise do sector da Construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal

Relativamente ós postos técnicos, os resultados difiren bastante dos postos xerais. Existen, deste modo, algúns postos relativos ós que as empresas consideran non existiren profesionais en cantidade suficiente para as necesidades das empresas. Son os casos de Técnico de Segurança e de Canteiro, que presentan, simultaneamente un maior desaxuste na adecuación dos perfiles.

Outro posto relativamente ó que as empresas consideran haber insuficiente cantidade de profesionais é o de Canteiro, sendo de engadi-la relativa inadecuación dos perfiles existentes relativo a este posto.

Nos restantes postos pode dicirse que as empresas están relativamente satisfeitas, tanto en relación á cantidade como á calidade de profesionais existentes no mercado de traballo. Así mesmo, os postos Manobrador de Máquinas, Calceteiro, Serralleiro Civil, Manobrador de Gruas, Electricista, Canalizador, Carpinteiro e Pintor presentan a penas niveis intermedios de axuste (valor 3 na escala de 1 a 5).

Segundo o representante do sector entrevistado, estes datos parecen ser optimistas. Deste modo, a valoración da oferta do mercado de traballo, en termos de cantidade será inferior en relación ó presentado nos seguintes postos:
- Chefe de Obra
- Técnico de Obra
- Engenheiro civil
- Trolha / Pedreiro de Acabamentos
- Técnico de Qualidade
- Pedreiro
- Armador de Ferro
- Calceteiro
- Medidor-orçamentista
- Preparador
- Manobrador de Máquinas
Os responsables do CICCOPN (Centro de Formación Profesional da Industria da Construcción Civil e Obras Públicas do Norte) afirmam, aínda, que os formados nos cursos promovidos nas diversas áreas relacionadas con estes postos facilmente son absorbidos polas empresas, o que se constitúe como un indicador dalgunha insuficiencia no mercado.
Deste modo, os postos que este centro de formación do sector foron máis solicitados por parte das empresas nos últimos tempos son os seguintes:
- Medido-orçamentista
- Técnico de Prevenção e Segurança
- Técnico de Qualidade
- Canalização com vertente do gás.
______________________________________________________________________________
(4) Na análise das táboas relativas á oferta laboral, clarifícanse os seguintes conceptos: Cantidade: é a resposta á pregunta "¿Existe no mercado de traballo cantidade suficiente para satisface-las necesidades da empresa?". Na escala, 1 significa cantidade moi insuficiente e 5 cantidade longamente suficiente; Perfiles axeitados: é a resposta á pregunta "Os perfiles existentes no mercado de traballo ¿son axeitados?". Na escala, 1 significa que os perfiles son moi inaxeitados e 5 unha perfecta adecuación.