6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.1.- Análise do sector da Construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal |
6.1.5.- Incorporación dos traballadores nas empresas Neste capítulo analízanse os medios utilizados polas empresas para a contratación de traballadores. Optouse por dividir en cinco grupos profesionais diferentes: dirección geral e funcional; chefias intermedias; persoal comercial; persoal administrativo; persoal técnico / producción. Os seguintes cinco gráficos presentan os resultados das respostas das empresas analizadas sobre este aspecto. Deses resultados destácase o seguinte: - O medio máis utilizado pola xeneralidade das empresas son os contactos persoais, con 30% na Dirección Geral e Funcional, 41% nas chefias intermedias, 40% no Persoal Comercial, 52% no persoal administrativo e 68% no persoal técnico/producción. - O recurso a anuncios de traballo na prensa non é moi elevado, sendo así mesmo máis utilizado para a dirección geral e funcional (30%), para as chefias intermedias (35%) e en moito menor escala nos outros grupos profesionais. - Máis que dos anuncios na prensa, as empresas reciben unha gran cantidade de candidaturas espontáneas. Tal acontece en gran medida para o persoal técnico / producción (52%) e para as chefias intermedias (47%), mas non é de despreciar a porcentaxe de empresas que utiliza este medio de incorporación para os restantes grupos profesionais. - O recurso ó servicio público de emprego e ós centros de formación é maioritariamente utilizado para o persoal técnico e para a dirección geral e funcional, non se podendo considerar, así e todo, que as empresas recorran en gran medida a este medio de incorporación. No caso do servicio de emprego a porcentaxe maior é de 32% no persoal técnico/producción, sendo nula a porcentaxe de empresas que utilizan este medio para o persoal comercial. |