6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.1.- Análise do sector da Construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal

Os mandos intermedios son, no sector da construcción, recrutados maioritariamente a través de candidaturas espontáneas, seguido de contactos persoais. As empresas de traballo temporal, así como as empresas de consultoria e selección non son utilizadas polas empresas para recrutar persoal para este grupo profesional. Presenta unha porcentaxe relevante a referencia de persoal que xa traballa na empresa (24%).