6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.1.- Análise do sector da Construcción nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.1.6.- Análise da mobilidade laboral transfronteiriza

Verificouse, ó longo da realización deste traballo, a reducida ou nula existencia de traballadores españois nas empresas consultadas do Norte de Portugal analizadas. Através de outros estudios a concluson é a mesma. Tendo as empresas asinalado a forte posibilidade de incorporación de traballadores españois, tórnase pertinente analiza-los obstáculos na contratación de traballadores españois.


Segundo as empresas analizadas, as diferencias salariais son o principal obstáculo á contratación de traballadores españois, seguida da dificultade derivada dos desprazamentos prolongados. A falta de instrunentos comúns de achegamento, como os centros de emprego, é un factor a ter en conta en canto obstáculo. O idioma e as diferencias culturais non son, segundo as empresas, motivos para a non contratación de traballadores españois.