6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.2.- Análise do sector das Madeiras nas empresas consultadas do Norte de Portugal |
6.2.1.- O sector das Madeiras 6.2.1.1.- Actividades desenvolvidas polas empresas do sector das Madeiras O sector das Madeiras é coñecido polos documentos oficiais como un conxunto de industrias de transformación de materiais leñosos que integran actividades de comercialización intrasectorial e de fabricación de productos de consumo intermedio e de productos finais en madeira ou con incorporación de madeira. En termos xerais, as actividades desenvolvidas por este sector son as seguintes: - Industrias de serración: son exemplos a madeira serrada para construcción, para paletes, para embalaxes e caixas, para carpintería, para mobiliario, etc. - Industria de derivados de madeira: paineis de partículas e fibras de madeira; contraplacados; folleados, etc. - Actividades de preservación e tratamento da madeira: madeira tratada para todo o tipo de industrias utilizadoras de material leñoso. - Industria de carpintería e outros productos en madeira: portas, caixada para xanelas, aros de portas e xanelas, parquet, embalaxes, compoñentes para mobiliario, pezas e utensilios para o sector agrícola. - Industria de mobiliario de madeira: mobiliario para casa, escritorio, escolas, hospitais, etc - Fabricación de artefactos, instrumentos, xoguetes, pezas e utensilios: instrumentos musicais, pezas de artesanato, xoguertes e xogos, etc Na recollida de información para a análise do sector foron contactadas empresas de todas estas actividades, permitíndonos ter unha noción das tendencias do sector dunha forma máis ampla. _____________________________________________________________________________ (1) INOFOR Instituto para a Inovação na Formação. Construção Civil e Obras Públicas em Portugal, 2000. |